20.10.09

Siete poemas gallegos

SETE (CASE) POEMAS GALEGOS


Lingua


Lingua dos meus avós
que non falan meus fillos

¿quén te fixo cal fonte
xurdir dentro de min?

Lingua que fuches, eres
sangue do sangue, terra

feita de homes, homes
do mar e a terra, lingua

corrente, nídia, escura
como o sol dunha sombra.


Xa


Xa
cho
dixen,
xa sabes:
a cousa
é hoxe
e xa.
Lonxe

De lonxe vem o mar
e chega perto. Fumos
feitos perto do mar
e lonxe.



Homaxes



Canta, rula:
alto, quedo.

Na nenez
do meu pai.





Escarnio e maldizer

Dinche:
non digas.

Dizente:
disidente.


O lar da fala

Sempre fala
quen sente,
mais non sempre
o que sente.

Fálase eiquí
e agora, fálase
quen fala
xunto coa mesma fala.

O que se fala

fálase.



Sobor da súa muda dor


Miña nai, miña naiciña,
como a miña nai ningunha.
Non nos quentou a cariña
coa caloriña da súa
.

¿Cómo, sen chorar, chorou?
¿Cómo xemeu sen xemer?
Miña nai morou sen ver
xardíns na súa nenez.

Sen falar, fíxo saber.
Sen dicirnos, amostraba.
E cos seus labres contritos
nos nosos lombos pesaba.

Sobor da súa muda dor
unha lexeira inquedanza,
unha traxedia inminente,
unha pena dexergada.

Toda a vida nunha cesta
fora o xeito da viaxe.
Mais polas cestas escorren
albas, sonos, deuses, mares.

¿Cómo viveu, sen viver?
¿Cómo gritou, se calaba?
Morreu sen voltarse a ver
nas sombras do que deixara.

Miña nai, miña naiciña,
como a miña nai ningunha.
Que nos esfriou a cariña
coas lagrimiñas da súa.

________________

No hay comentarios: